En CMR tamén somos especialistas nas cociñas para o sector naval. O mobiliario realízase con chapa mariña en AISI 316 e tiradores de peche, evitando a apertura de portas e caixóns durante a navegación do buque. Dispoñemos ademais de patas niveladoras para o balance, contrapesos, soportes de fixación especial, grellas con topes frontais para suxeición de produto e outros sistemas deseñados para as cociñas en buques.